As máis pequenas farán só 5 casiñas, unha para cada vogal, e despois buscarán en revistas, periódicos, envases... o A, o E, o I, o O e o U e iredes pegandoo na casiña correspondente. Como aínda non saben empregar as tesoiras poden rasgar coas mans ou axudarlle as familias.
Os de 4 anos xa saben moitas consoantes polo que poden facer algunha casiña máis e buscar palabras que conteñan esa letra, recortala e pegala no seu sitio.
Os de 5 anos xa teñen que facer o alfabeto enteiro e ir escribindo palabras que empecen por esa letra.
Esta actividade é para varios días e tamén a podemos facer cos números do 1 ao 9.
Para que quede máis bonito as casiñas podedes decoralas, por exemplo pintando o tellado.
Podedes facer unha por folio ou varias en un papel grande, pero igual é máis difícil que teñades tanto papel na casa, como fixo a nena da foto.
A traballar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario