Bos días, hoxe 15 de abril é o Día Mundial da Arte e para celebralo propóñovos facer na casa a actividade que eu tiña pensado levar a cabo na clase, "Pintar con palliñas".
Que non vos dea medo é moi fácil, o máis importarte é diluír bastante a pintura, que quede aguada para que corra ben pola cartulina ou cartón; se usades un folio pode quedar moi mollado pero se o deixades secar sen levantalo non hai problema.
E a soprar, veredes que artistas tendes na casa.
Aquí vos deixo un vídeo e tamén algunha foto para que vos sexa máis fácil facer de "profes".
Espero as vosas fotos.
Bicos
Vídeo Pintamos con palliñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario