30 de outubro de 2019

CHEGOU O SAMAÍN

Despois de tantos días agardando por fin chegou o Samaín e toca pasar medoooooooooooooooooo.







29 de outubro de 2019

OBRADOIRO DE GALLETAS

Hoxe fixemos un obradoiro de galletas con moldes de formas de Samaín: pantasmas, morcegos, cabazas, bufos...

Pasámolo moi ben e despois de merendar a froita que trouxemos da casa, tocou comer as nosas obras de arte, algunhas decoradas con chocolate.

Foi un día moi doce.




OBRADOIRO DE CABAZAS


Onte fixemos o primeiro obradoiro do Samaín, tocou baleirar cabazas que despois decoramos para que quedaran terroríficas; contamos coa axuda de tres familias que son verdadeiras artistas.

Moitísimas grazas por vir.


                                          

21 de outubro de 2019

MARABILLOSO OUTONO


Aquí tendes unha pequena mostra de tódalas cousas que fixemos estes días, pintamos, probamos froitas, esfollamos, debullamos.....




ANIVERSARIO CANDELA

Hoxe celebramos a aniversario da pequena da clase, a súa mamá tróuxonos un biscoito moi rico e tamén "gusanitos" e "palomitas"; fixemos unha boa festa e pasámolo moi ben.

PARABENSSSSS CANDELA 



11 de outubro de 2019

DIA DA PAPAIA

Despois de facer as froitas para o mural de outono, chegou o momento de probalas; empezamos pola papaia, esperemos que as seguintes teñan mais éxito, porque esta non gustou nada de nada.




10 de outubro de 2019

SEGUIMOS A VOLTAS CO OUTONO








PRESENTACIÓN DAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Onte a hora de ler viñeron as axudantes da biblioteca a presentarnos as novidades desta semana, realmente gustáronnos todos os contos que trouxeron porque as nenas fixérono moi ben.

A ver se este venres levamos algún de esos para a casa