27 de setembro de 2019

ANIVERSARIO DE NICO

Menudo mes de aniversarios levamos, hoxe foi o turno de Nico, por eso foi el o encargado de dirixir a fila, poñer a data, o tempo...
.
Comemos un brownie que estaba boísimo e agasallounos con unha planta preciosa,  que levamos para as nosas casas e temos que coidar con moito agarimo.

PARABENSSSSSSSSSSSSS.😄😄😄😄😄😄



20 de setembro de 2019

ANIVERSARIO DE THIAGO

Onte celebramos o aniversario de Thiago, xa é tan maior que está no equipo verde; trouxo unha tarta de Spiderman que estaba boísima. Moitas felicidadessssssssss.

16 de setembro de 2019

ANIVERSARIO DE IRINA

Hoxe celebramos no cole o aniversario de Irina, comemos toda a tarta e levamos chuches para a casa. Parabéns Irina.

13 de setembro de 2019

Xa estamos todos

Os nenos de 3 anos xa están totalmente incorporados no ritmo da clase, son uns auténticos campións.