A proposta para hoxe é facer pasta de sal, despois estamparemos as mans e/ou pés, tamén podedes estampar as do resto da familia; así quedaranos un bonito recordo desta situación tan estraña que estamos a vivir.
A pasta de sal para que dure moito tempo é aconsellable cocela no forno entre 10 e 15 minutos a 100 grados.
Para que vos saía de cores podedes botar colorante alimenticio na auga, como azafrán ou un pouco de pintura de distintas cores. Ou tamén se pode pintar unha vez seca con témperas.
Aquí vos deixo un vídeo dos moitos que hai en youtube, só tendes que pinchar enriba, Pasta de sal; tamén tendes a receta e algún exemplo.
Mans a masa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario