Ninguén contaba con que esto puidera pasar, pero esta é unha loita de todos, entre todos venceremos.
Xa podedes consultar as notas deste trimestre; aínda que nestes momentos tan difíciles, eso é o de menos. Como xa sabedes, infantil é un proceso continuo, hai nenos e nenas que xa adquiriron certos coñecementos e outros que lles falta pouco para acadalos, pero non hai presa.
Esta situación supuxo un frenazo brusco no seu desenvolvemento; traballaron moito durante estes meses e agora, no tempo que quedaba ata fin de curso, íanse ver os resultados.
Pero non pasa nada, eles están aprendendo en todo momento, e o tempo que están a pasar estes días con vós tamén é moi importante para o súa formación. Temos que intentar sacarlle o maior proveito posible.
É convinte que os nenos non perciban as vosas preocupacións; xogade moito con eles pero tamén teñen que colaborar nas tarefas do fogar e incluso na horta, axudando a plantar patacas, leitugas, cebolas...
Para eles o máis importante é, estar cos seus pais; demostrándolle en cada momento o moito que os queredes.
Estes días festivos non vou a mandar traballos, pero podedes seguir mandando fotos para despois publicar no blogue.
Un bico grandísimo e moito, moito, moitísimo ánimo.
Un besiño de parte de candela para a profe Ana, candela e pedro, os nomes dixomos candela
ResponderEliminarBo descanso!
ResponderEliminarDi Nico: gracias por el vídeo! Quiero volver al cole muy pronto
ResponderEliminarMoitos bicos para todos
Thiago se emocionó con el video dice que echa de menos el cole, sus amigos, la profe. Hacemos las actividades del cole, pero también ayuda en casa y con papá en las obras de casa. Dice que os manda a todos un abrazo enorrrrme y muchos besos a todos sus amigos y a la profe.
ResponderEliminar