20 de decembro de 2019

FIN DE ANO

Como durante as vacacións vemos pouco os nosos compañeiros e compañeiras, quixemos adiantar a festa de Fin de Ano para poder tomar as uvas todos xuntos. Pasámolo xenial.




            FELICES FESTAS E PRÓPERO 2020




19 de decembro de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL

Onte fixemos un obradoiro de cociña de Nadal, o queixo non tivo tanto éxito pero o bocata de nocilla triunfou.



17 de decembro de 2019

ANIVERSARIO DE FRAN

Estes días Fran estivo maliño e non puidemos celebrar o seu aniversario na clase, pero como somos moi festeiros fixémolo esta semana.

PARABÉNSSSSSSSSSSSSSSSS FRAN


5 de decembro de 2019

A SAÍDA "A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ"

Onte tivemos a primeira saída do curso,  pasámolo tan ben que xa estamos desexando que chegue a seguinte.



3 de decembro de 2019

CHEGOU DECEMBRO

Xa chegou decembro e o espíritu do Nadal envolve a clase de infantil; renos, árbores, trineos... e ata cosemos; estamos a descubrir o ben que se nos da traballar con agullas e la.

 

ALMORZOS SAUDABLES

Hoxe foi un día especial no cole, a profe díxolle as nosas familias que tiñamos que vir sen almorzar, e ao chegar a clase atopamos alí de todo: laranxas, xamón serrano, pan integral, tomate, leite, cacao...

Coñecemos a Josefa, que nos ensinou moitísimas cousas e a importancia dos distintos alimentos para darnos moita enerxía e medrar sans.

Tamén coñecemos a "Tomasita", que nos ensinou como lavar os dentes e a lingua.

Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas sobre a alimentación e os hábitos de vida saudables.


XOGOS DE MESA

Estes días que choveu tanto estivemos a descubrir os xogos de mesa; que ben os pasamos con eles e ademais traballamos moitas cousas, entre elas respetar o turno que a algúns cústanos moito.

A profe trouxo uns xogos novos, que pouco a pouco xa imos controlando; as veces axúdannos as profes e outras veces os maiores fan de profes.