20 de decembro de 2019

FIN DE ANO

Como durante as vacacións vemos pouco os nosos compañeiros e compañeiras, quixemos adiantar a festa de Fin de Ano para poder tomar as uvas todos xuntos. Pasámolo xenial.




            FELICES FESTAS E PRÓPERO 2020




19 de decembro de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL

Onte fixemos un obradoiro de cociña de Nadal, o queixo non tivo tanto éxito pero o bocata de nocilla triunfou.



17 de decembro de 2019

ANIVERSARIO DE FRAN

Estes días Fran estivo maliño e non puidemos celebrar o seu aniversario na clase, pero como somos moi festeiros fixémolo esta semana.

PARABÉNSSSSSSSSSSSSSSSS FRAN


5 de decembro de 2019

A SAÍDA "A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ"

Onte tivemos a primeira saída do curso,  pasámolo tan ben que xa estamos desexando que chegue a seguinte.



3 de decembro de 2019

CHEGOU DECEMBRO

Xa chegou decembro e o espíritu do Nadal envolve a clase de infantil; renos, árbores, trineos... e ata cosemos; estamos a descubrir o ben que se nos da traballar con agullas e la.

 

ALMORZOS SAUDABLES

Hoxe foi un día especial no cole, a profe díxolle as nosas familias que tiñamos que vir sen almorzar, e ao chegar a clase atopamos alí de todo: laranxas, xamón serrano, pan integral, tomate, leite, cacao...

Coñecemos a Josefa, que nos ensinou moitísimas cousas e a importancia dos distintos alimentos para darnos moita enerxía e medrar sans.

Tamén coñecemos a "Tomasita", que nos ensinou como lavar os dentes e a lingua.

Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas sobre a alimentación e os hábitos de vida saudables.


XOGOS DE MESA

Estes días que choveu tanto estivemos a descubrir os xogos de mesa; que ben os pasamos con eles e ademais traballamos moitas cousas, entre elas respetar o turno que a algúns cústanos moito.

A profe trouxo uns xogos novos, que pouco a pouco xa imos controlando; as veces axúdannos as profes e outras veces os maiores fan de profes.



25 de novembro de 2019

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO


O MAGOSTO

Este ano tivemos que celebrar o Magosto dentro, porque con tanta choiva non hai maneira de aproveitar o noso patio exterior. Aínda así pasámolo en grande participando nos distintos xogos coa axuda dos maiores.

18 de novembro de 2019

OLAAAAAA TEO

Teo botámoste moito de menos, queremos que te recuperes pronto e veñas ao cole a xogar con nós. Un bico enormeeeee. 😘😘😘😘😘😘😘😘😘





13 de novembro de 2019

ANIVERSARIO DE ALEJANDRA

Onte celebramos o aniversario de Alejandra, trouxa unha tarta de Mickey e Minie que tivo moitísmo  éxito, repetiron todos.

PARABÉNS ALEJANDRA 😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍



DÁNDOLLE COR AOS DÍAS GRISES

Está claro, o que máis nos gusta é pintar cos pinceis; aquí tendes unha pequena mostra dos nosas obras de arte, somos uns verdadeiros artistassssss.


5 de novembro de 2019

ANIVERSARIO ELOY

Eloy está de aniversario o 31 de outubro pero como este ano foi non lectivo, deixámolo para o primeiro día a volta da Ponte; fixemos unha boa festa, con gusanitos, pelotazos, patacas fritas... e para rematar unha tarta.

PARABÉNS ELOY  😃😃😃😃😃😃😃😃




30 de outubro de 2019

CHEGOU O SAMAÍN

Despois de tantos días agardando por fin chegou o Samaín e toca pasar medoooooooooooooooooo.







29 de outubro de 2019

OBRADOIRO DE GALLETAS

Hoxe fixemos un obradoiro de galletas con moldes de formas de Samaín: pantasmas, morcegos, cabazas, bufos...

Pasámolo moi ben e despois de merendar a froita que trouxemos da casa, tocou comer as nosas obras de arte, algunhas decoradas con chocolate.

Foi un día moi doce.




OBRADOIRO DE CABAZAS


Onte fixemos o primeiro obradoiro do Samaín, tocou baleirar cabazas que despois decoramos para que quedaran terroríficas; contamos coa axuda de tres familias que son verdadeiras artistas.

Moitísimas grazas por vir.


                                          

21 de outubro de 2019

MARABILLOSO OUTONO


Aquí tendes unha pequena mostra de tódalas cousas que fixemos estes días, pintamos, probamos froitas, esfollamos, debullamos.....




ANIVERSARIO CANDELA

Hoxe celebramos a aniversario da pequena da clase, a súa mamá tróuxonos un biscoito moi rico e tamén "gusanitos" e "palomitas"; fixemos unha boa festa e pasámolo moi ben.

PARABENSSSSS CANDELA 



11 de outubro de 2019

DIA DA PAPAIA

Despois de facer as froitas para o mural de outono, chegou o momento de probalas; empezamos pola papaia, esperemos que as seguintes teñan mais éxito, porque esta non gustou nada de nada.




10 de outubro de 2019

SEGUIMOS A VOLTAS CO OUTONO








PRESENTACIÓN DAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Onte a hora de ler viñeron as axudantes da biblioteca a presentarnos as novidades desta semana, realmente gustáronnos todos os contos que trouxeron porque as nenas fixérono moi ben.

A ver se este venres levamos algún de esos para a casa



27 de setembro de 2019

ANIVERSARIO DE NICO

Menudo mes de aniversarios levamos, hoxe foi o turno de Nico, por eso foi el o encargado de dirixir a fila, poñer a data, o tempo...
.
Comemos un brownie que estaba boísimo e agasallounos con unha planta preciosa,  que levamos para as nosas casas e temos que coidar con moito agarimo.

PARABENSSSSSSSSSSSSS.😄😄😄😄😄😄



20 de setembro de 2019

ANIVERSARIO DE THIAGO

Onte celebramos o aniversario de Thiago, xa é tan maior que está no equipo verde; trouxo unha tarta de Spiderman que estaba boísima. Moitas felicidadessssssssss.

16 de setembro de 2019

ANIVERSARIO DE IRINA

Hoxe celebramos no cole o aniversario de Irina, comemos toda a tarta e levamos chuches para a casa. Parabéns Irina.

13 de setembro de 2019

Xa estamos todos

Os nenos de 3 anos xa están totalmente incorporados no ritmo da clase, son uns auténticos campións.