Bos días, hoxe para practicar os números, propóñovos xogar cunha baralla, algo que seguramente todos teñades pola casa; os nenos e nenas máis maiores xa lle podedes ensinar algún xogo; todos os de mesa gústanlle moito e coas cartas sentirán que xa saben facer o cousas de "adultos".
Entre outras cousas podedes facer:
- pedirlle que as coloquen ordenadas, para adiante e para atrás
- facer unha serie e quitarlle algúnha carta para que adiviñen que número falta
- colocar enriba das cartas a mesma cantidade de obxectos que o número que representa, poden ser rotuladores, garavanzos, pedriñas...
- facer sumas e restas...
Aquí vos deixa algún exemplo.
Un bico
Ningún comentario:
Publicar un comentario