21 de abril de 2020

CHEGADA DE FOTOS E VÍDEOS

Que contenta me puxen hoxe cando entrei no correo e vin fotos e vídeos novos dos "meus nenos e nenas", a partir de agora vou a publicar as fotos de todos os venres; a ver se pouco a pouco  se van animando máis familias e así podedes compartilas cos nenos durante a fin de semana.

Para a semana, as profes especialistas de inglés, psicomotricidade, música, relixión e audición e linguaxe, tamén publicarán cousas para que poidades ir facendo cos nenos, e vos axuden a levar o confinamento da mellor maneira posible.

Moitísimas grazas familias, estades a facelo moi ben.

Xuntos conseguirémolo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario