Xa estamos a venres e toca pasar un rato divertido cociñando, só precisamos froita para facer estes animais tan simpáticos; tamén podedes mandarme calquera outro que se vos ocorra.
Mans a obra.
Despois os de 5 anos teñen que poñerlle un título a súa creación e debaixo escribir o nome das froitas que empregaron.
Os de 4 anos tamén inventarán un título e escribirán as froitas pero coa axuda dun adulto, os nenos e nenas só teñen que poñer as vogais, por exemplo se usamos mazá, escribides M ____ Z ____ eles teñen que poñer as dúas A, no caso da pera, P _____ R _____ eles teñen que por o E e o A.
As de 3 anos farán un debuxo das distintas froitas que empregaron.
Se durante a fin de semana os maiores tendes tempo mándovos unha sopa de letras e dous encrucillados de froitas que sei que vos gustan moito, con axuda podedes intentalo tamén os medianos.
Un saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario