20 de abril de 2020

BÚSQUEDA DE OBXECTOS

Comeza unha nova semana, os días van pasando e pouco a pouco todo voltará a normalidade.

As actividades de hoxe van a estar divididas por idades:

- 3 ANOS

Imos a buscar  obxectos pola casa de distintas cores, 1 amarelo, 2 vermellos e 3 azuis  e facemos unha foto con eles.

Tamén temos que traballar un pouquiño o nome para non esquencer todo o que xa sabiamos; precisamos letras de plástico, de madeira... tamén podemos facelas nos e pedirlle as nenas que as pinten e despois recortámolas.

A actividade consiste en escribirlle nos o nome en letras maiúsculas grandes para que despois elas o formen coas letras móbiles.

Para empezar só facemos as do seu nome pero outro día podemos facer máis e así ir compoñendo o nome de mamá, de papá...

- 4 ANOS

Teñen que buscar 10 obxectos pola casa, por exemplo unha taza, unha bota, unha goma..... e despois imos a poñerlle as vogais os nomes.  Por exemplo, se queremos escribir taza ou bota, o adulto ten que escribir as consoantes en maiúscula e os nenos e nenas poñer as vogais, temos que pronunciar dunha maneira moi esaxerada para que eles o "pillen".

T ___ Z ___                     B ___ T ____

- 5 ANOS

A eles tócalles a parte máis difícil, xa son moi maiores, buscarán 10 obxectos da casa, recortarán 10 anacos pequenos de papel como se foran etiquetas, nas que escribirán os nomes para poñelas diante de cada obxecto para facer a foto.

Moitos bicos para todos e todas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario