Moi bo día queridiños e queridiñas!!
Hoxe temos unha actividade moi especial.
Imos recibir ao mes de maio gravando o noso primeiro VIDEO CLIP!!
O tema elexido é unha peza tradicional que toco co meu grupo de música Habelas Hainas.
Veredes que no vídeo hai DÚAS cancións xuntas.
Nós imos preparar só a PRIMEIRA canción para cantar, tocar e bailar.
A continuación... con todas e todos vós…. Os Maios de Habelas Hainas!!
PREPARACIÓN DA 1º CANCIÓN DOS MAIOS
1º PASO: O RITMO
O INSTRUMENTO:
Precisamos dous paus para bater entre sí.
Podemos decoralos colgándolle tiras de cores, fíos de lá, o que queirades.
PRACTICAMOS O RITMO:
Podemos seguir o pulso da música de xeito natural ou probar a meter o ritmo: TA - TITI - TA - TA
Probamos a tocar por riba da música seguindo o ritmo.
2º PASO: CANTAR
Aprendemos a letra da canción con axuda dos xestos do vídeo.
(Deixovos a letra ao lado de apoio)
3º PASO: MOMENTO DE GRAVAR
Deixa que pase un día polo menos, e volves a repasar a canción.
Elixe un lugar luminoso.
Vístete de CORES ALEGRES, ou DISFRÁZATE!!
Facemos 2 vídeos:
No 1º: Tés que gravarte CANTANDO e TOCANDO á vez (se podes, senon só CANTANDO).
Se podes, faino sobre a música, é decir, escoitando a canción á vez. Para iso pode que precises dun ordenador, ou doutro teléfono onde estea soando a música e a escoites mentras gravas.
No 2º: Tés que gravarte só TOCANDO OS PAUS sobre a música.
IMPORTANTE:
A canción habería que gravala enteira.
Para enviar o vídeo ao correo podedes usar o We Transfer ou subilo a YouTube en modo oculto e pasarme o enlace. Se tés algún problema faimo saber e buscarei a maneira de solucionalo.
Moitísimas gracias pola vosa colaboración!
profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com
VEÑA QUE VAI! A POLO VIDEOCLIP!!
Deixovos tamén unas ideas para CREAR O VOSO MAIO.
Sería un bonito decorado para o voso videoclip.
Podedes crealo un cun folio ou cartóns, e decoralo con herbas, flores, fíos de cores, lazos, pintura...
Tamén podedes colorear o debuxo. Sexa como sexa, non te olvides de mandar unha foto para que saia no vídeoclip!
Ningún comentario:
Publicar un comentario