Bo día familias, espero que todas esteades ben e levando o confinamento da mellor maneira posible; xa queda menos, moito ánimo.
Hoxe tiña que ser un día de reencontros cos compañeiros, coas profes... pero nada de eso vai a ser posible; comeza o terceiro trimestre e dende a Consellería aínda non nos deron instruccións do que temos que facer, estamos a espera dunha reunión que vai a ter lugar o día 15.
Creei unha dirección de correo electrónico anarodriguezfontenla@gmail.com para que poidades poñervos en contacto conmigo se o precisades, e para mandarme fotos, vídeos...
Mentres non dean ordes claras, vou a seguir propoñéndovos tarefas para que fagades cos nenos e nenas; o importante é que eles estean entretidos, que o pasedes ben e sobre todo pasades tempo xuntos, en familia, esa é a mellor das experiencias e a base para futuras aprendizaxes.
Xuntos conseguirémolo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario