Bos días, familias! Son Sandra, a profe de Música. Espero que estedes ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS ou VÍDEOS das tarefas que fagades.
Ao enderezo:
profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com
Poñendo: Nome do alumno/a e curso.
Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.
Nº1 CONSTRUÍMOS UN INSTRUMENTO
de xeito fácil, rápido e barato.
Botella de plástico ou, se non usas, cunha lata.
Cun pau pequeno, o rabo dunha culler ou mesmo unha pinza da roupa xa podes rasgar o teu instrumento.
Podes decorar o teu instrumento con pintura, cintas, pegatinas... Deixovos un vídeo no que hai varios exemplos. Ademáis podes encher a botella con pedriñas, área seca, legumes, etc. e xa tés unha maraca.
Dous instrumentos nun!
Nº 2 Xa estás preparada/o para interpretar co teu instrumento o CONTO MUSICAL sobre o Sapo Yururú.
Nº3 Imos traballar o ritmo a través das palabras,
Neste caso as palabras serán:
PAN , CASA, MARIPOSA
Seguindo as indicacións do vídeo, empezaremos colocando a palabra PAN
Despois CASA
E xa para os máis expertos e expertas MARIPOSA.
Nº4 Deixovos unha canción moi chula sobre o Arco da Vella, para cantar e bailar un pouco.
Seguro que xa pintáchedes arcos da vella moi fermosos nas vosas casas, pero en Música tamén temos o noso arco da vella especial. Só falta a maxia das vosas cores!
Unha aperta moi grande!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario