24 de abril de 2020

LETRILANDIA LETRAS

Aproveitando que a profe Begoña está a traballar a letra S, na clase tamén a estivemos traballando, podedes facer algo na casa. Vexo que estades preocupadas co tema das fichas, dos "cuadernillos"... estamos a vivir unha situación excepcional complicada e para os nenos e nenas tamén é moi difícil, é algo que nunca vivirán e aínda que non o pareza pode crearlles angustia.

Facer fichas sen máis, de letras e números pode ser contraproducente, antes hai que traballar moitas outras cousas como a pronunciación, a direccionalidade correcta...

Estes días coa familia é importante con compartades experiencias, que colaboren nas tarefas do fogar, que planten... que pasen tempo con vós e sobre todo que xoguen moito. Lembrade que os nenos aprenden XOGANDO.

Na clase escoitabamos o conto e a canción de letrilandia, despois practicabamos no aire, en fariña, en area, na pizarra con auga... e por último no papel vixiando que o sentido do trazo fora o correcto.

Aquí vos deixo algunhas propostas:



En Google hai moitas páxinas con fichas para imprimir pero non sei se todos tendes impresora na casa e o tema do Concello aínda está arrancando; se empeza a funcionar podo mandarvos material para imprimir.

Un bico moi forte


Ningún comentario:

Publicar un comentario