Hoxe mándovos os contos e as cantigas de letrilandia das vogais; na clase xa as traballamos moito agora imos a repasalas. Lembrade que algúns xa as podedes facer en minúscula. Antes de facela no papel tendes que practicar no aire, na area, na fariña, na auga..., é moi importante seguir a orde correcta do trazo e facela toda seguida.
Lembrade que o ser xoves toca un pouco de exercicio coa profe Lucía, premede no enlace para entrar no seu blogue:
Blogue de Educación Física
Empecemos polo conto do "Señor Estudioso".
Ningún comentario:
Publicar un comentario