30 de abril de 2020

YO ESTOY AQUÍ

Ola a todxs! Hoxe déixovos a rima "Yo estoy aquí" que tanto vos gustaba. Agardo os vosos vídeos. Apertas.

DIA DA NAI




LETRAS NOS TAPÓNS

Bos días, xa case estamos en maio e as actividades que vos preparei non son para facer hoxe porque precisamos moitos tapóns, tendes que ir gardando todos os tapóns de leite, zumo, auga... e despois podedes facer cousas tan chulas coma estas.


Podemos facelos con letras pero tamén con números.





29 de abril de 2020

AS VOGAIS DE LETRILANDIA

Hoxe mándovos os contos e as cantigas de letrilandia das vogais; na clase xa as traballamos moito agora imos a repasalas. Lembrade que algúns xa as podedes facer en minúscula. Antes de facela no papel tendes que practicar no aire, na area, na fariña, na auga..., é moi importante seguir a orde correcta do trazo e facela toda seguida.

Lembrade que o ser xoves toca un pouco de exercicio coa profe Lucía, premede no enlace para entrar no seu blogue: Blogue de Educación Física

Empecemos polo conto do "Señor Estudioso".





























Ritmo dos maios

Ola de novo! Son Sandra, a mestra de música.

Envíovos unha axudiña para practicar o ritmo dos maios máis polo miúdo.

E poñemos como data de entrega límite O MÉRCORES 6 de maio. Tedes unha semana para mandar a vosa mellor versión. 


Moitísimas gracias por participar!

Podedes enviar os vosos vídeos ao enderezo:

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 


Hoxe toca música!

Moi bo día queridiños e queridiñas!!

Hoxe temos unha actividade moi especial. 
Imos recibir ao mes de maio gravando o noso primeiro VIDEO CLIP!!

O tema elexido é unha peza tradicional que toco co meu grupo de música Habelas Hainas.

Veredes que no vídeo hai DÚAS cancións xuntas. 
Nós imos preparar só a PRIMEIRA canción para cantar, tocar e bailar.

A continuación... con todas e todos vós…. Os Maios de Habelas Hainas!!



PREPARACIÓN DA 1º CANCIÓN DOS MAIOS

1º PASO: O RITMO

O INSTRUMENTO: 
Precisamos dous paus para bater entre sí.
Podemos decoralos colgándolle tiras de cores, fíos de lá, o que queirades. 

PRACTICAMOS O RITMO: 
Podemos seguir o pulso da música de xeito natural ou probar a meter o ritmo: TA  - TITI - TA - TA
Probamos a tocar por riba da música seguindo o ritmo.

2º PASO: CANTAR

Aprendemos a letra da canción con axuda dos xestos do vídeo. 
(Deixovos a letra ao lado de apoio)




 3º PASO: MOMENTO DE GRAVAR

Deixa que pase un día polo menos, e volves a repasar a canción.

Elixe un lugar luminoso.

Vístete de CORES ALEGRES, ou DISFRÁZATE!! 

Facemos 2 vídeos:

No 1º: Tés que gravarte CANTANDO e TOCANDO á vez (se podes, senon só CANTANDO).
Se podes, faino sobre a música, é decir, escoitando a canción á vez. Para iso pode que precises dun ordenador, ou doutro teléfono onde estea soando a música e a escoites mentras gravas.


No 2º: Tés que gravarte só TOCANDO OS PAUS sobre a música.


IMPORTANTE:

A canción habería que gravala enteira.

Para enviar o vídeo ao correo podedes usar o We Transfer  ou subilo a YouTube en modo oculto e pasarme o enlace. Se tés algún problema faimo saber e buscarei a maneira de solucionalo.

Moitísimas gracias pola vosa colaboración!

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

VEÑA QUE VAI!  A POLO VIDEOCLIP!!


Deixovos tamén unas ideas para CREAR O VOSO MAIO.
Sería un bonito decorado para o voso videoclip.

Podedes crealo un cun folio ou cartóns, e decoralo con herbas, flores, fíos de cores, lazos, pintura...
Tamén podedes colorear o debuxo. Sexa como sexa, non te olvides de mandar unha foto para que saia no vídeoclip!





28 de abril de 2020

Outra sorpresa!!

Ola a tod@s! Que tal estades?

Son a profe Lucía, e como sabedes acórdome moito de vós, entón decidín prepararvos unha sorpresiña, ide a vela que seguro que vos gustará moito.

Aquí tendes o enlace para vela, premede nel: blogue de educación física

Moitos bicos, espero que vos guste!

Baby shark


Hello kids,

How are you? happy? sad? sleepy? angry?

Do you remember this song? 



Today we are going to learn about the family.

Hoxe imos aprender un pouco sobre a family.

I hope you like the activities

Espero que vos gusten as actividades.


Activity 1: Morning routine songs  (empezamos a sesión cunhas rutinas de cancións que publiquei a semana pasada no blogue)


Acitivity 2: Learn members of the family with these flashcards (aprende os membros da familia coas seguintes tarxetas)


 Baby shark flashcards

Click in this web page to see how they are pronounced, It´s very entertaining.
 Fai click nesta páxina web para ver como se pronuncian. É moi divertido.  A capela group 



Activity 3: Listen and dance (Escoita e baila)




Activity 4: How to draw baby shark (Facemos un debuxo de baby shark seguindo as seguintes instruccións)

Baby shark drawing

You can also colour and make this headband

Baby shark headband

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS

Hoxe toca xogar cos números, imos a empezar con uns xogos interactivos para facer con line:

O primeiro de todos é un moi fácil, no que temos que CONTAR os distintos elementos que van aparecendo, preme na imaxe e A XOGAR


Agora a cousa complícase e temos que SUMAR e RESTAR, pica na imaxe e busca onde pon sumas e restas:



E para rematar deixovos un por NIVEIS, cada un fará ata onde poida:








27 de abril de 2020

SORPRESAAAAAAA

Mirade o que chegou o meu móbil, dicía que era para os nenos e nenas de educación infantil do cole Doutor Suárez, a ver se sabedes quen é porque eu non teño nin idea.


VÍDEOS DA SERPE SEREA





Ola a todxs! Aí vos deixo uns vídeos que enviaron Cinthia e Alejandra. Que ben lles sae o son da serpe Serea! Non sabedes o contenta que se puxo Serea ao velas!

A CEBRA CAMILA


Bo luns a todos e todas, espero que pasarades unha boa fin de semana; estes días imos a traballar coa nosa amiga A cebra Camila; tendes que premer no enlace e aparece a cuberta deste conto tan chulo, con varios debuxos de cebras, se picades enriba delas aparecen diferentes actividades para facer durante a semana.

A ver que vos parecen.



Tamén vos deixo este enlace dun cole onde traballaron este conto, lembrade activar o Adobe Flash Player para poder facer as actividades Lim, son moi chulas e entretidas. Se non vos deixa, entrade co navegador Internet Explorer en vez de Chrome.



Lembrade que o ser luns a profe Lucía tamén vos ten preparadas algunhas actividades de educación física, aquí vos deixo o enlace do seu blogue.

Blogue de educación física

Bicos

25 de abril de 2020

VÍDEOS DE CANDELA, ELENA, IRINA E ÁNXELA




                                                
   

                                                                                                                                                       
                                                

                                             




24 de abril de 2020

LETRILANDIA LETRAS

Aproveitando que a profe Begoña está a traballar a letra S, na clase tamén a estivemos traballando, podedes facer algo na casa. Vexo que estades preocupadas co tema das fichas, dos "cuadernillos"... estamos a vivir unha situación excepcional complicada e para os nenos e nenas tamén é moi difícil, é algo que nunca vivirán e aínda que non o pareza pode crearlles angustia.

Facer fichas sen máis, de letras e números pode ser contraproducente, antes hai que traballar moitas outras cousas como a pronunciación, a direccionalidade correcta...

Estes días coa familia é importante con compartades experiencias, que colaboren nas tarefas do fogar, que planten... que pasen tempo con vós e sobre todo que xoguen moito. Lembrade que os nenos aprenden XOGANDO.

Na clase escoitabamos o conto e a canción de letrilandia, despois practicabamos no aire, en fariña, en area, na pizarra con auga... e por último no papel vixiando que o sentido do trazo fora o correcto.

Aquí vos deixo algunhas propostas:



En Google hai moitas páxinas con fichas para imprimir pero non sei se todos tendes impresora na casa e o tema do Concello aínda está arrancando; se empeza a funcionar podo mandarvos material para imprimir.

Un bico moi forte


DÍA DA TERRA

Ola a todos e todas, xa estamos a venres e esta é a proposta que vos fago para esta fin de semana: Como o pasado 22 de abril celebrouse o Día da Terra, nos imos a facer a nosa aportación decoraando  un bote de plástico con unha cariña; despois encherémolo de terra e botaremos unhas sementes, de céspede, pirixel... así cando medre será o pelo do boneco.

Mans a obra, coma sempre aquí vos deixo algún exemplo. Tamén vos deixo unha canción  "La Tierra" que me mandou a profe Bea de relixión para vos, espero que vos guste.

Canción de "La Tierra"





APPS DE SANTILLANA

Hoxe tamén vos mando unha apps da Editorial Santillana, para que poidan xogar na tableta ou no móbil; lembrade que tendes que ir a Apps Store ou a Google Play e descargalas, veñen por idades 3, 4 e 5 anos e outra que ten un pouco de todo.

Boa fin de semana e moito ánimo.


   LOS INCREÍBLES MUN 3 AÑOS

 


  LOS INCREÍBLES MUN 4 AÑOS




 LOS INCREÍBLES MUN 5 AÑOS



LAS TRES OVEJAS


23 de abril de 2020

CLASE DE PSICOMOTRICIDADE

Como hoxe é xoves a profe Lucía ten algo preparado para vós, lembrade que o exercicio é moi imporante para manternos sans e fortes. Picade no enlace e a moverseeeeee.

Moitos bicos.

VISÍTANOS A SERPE SEREA

Ola a tod@s! Agardo que esteades tod@s ben! Os nosos amigos e amigas, bótanvos moito de menos e queren saudarvos. Hoxe tocoulle á serpe Serea. Animádevos e enviádelle algún vídeo facendo o seu son a este enderezo begonaparadaglez@gmail.com. Seguro que se pon moi contenta e se alegra moito de vervos. Unha aperta xigante! Bicos!

22 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro, no cole tiñamos preparadas varias actividades entre eles a visita dun contacontos, debido a estas circunstancias excepcionais o Equipo de Biblioteca preparou algo para celebralo de maneira virtual. Para poder entrar só tendes que pinchar neste enlace:

Blogue da Biblioteca




HOXE TOCA MÚSICA

Bos días, familias! Son Sandra, a profe de Música. Espero que estedes ben, e levando esta situación o mellor posible. Dende Música cada mércores vou propoñer actividades, que podedes ir facendo ao longo da semana ou cando vos veña ben. Pero sí é importante que me mandedes FOTOS ou VÍDEOS das tarefas que fagades. 

Ao enderezo:
 profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com 

Poñendo: Nome do alumno/a e curso.


Así sentiremos que estamos contectados, será unha alegría inmensa vernos, tanto para as profes, como para os compañeiros visitantes deste blogue. E ademáis, eu poderei ver a evolución de cada un e tela en conta positivamente.

Nº1  CONSTRUÍMOS UN INSTRUMENTO 
de xeito fácil, rápido e barato.

Botella de plástico ou, se non usas, cunha lata.

 
Cun pau pequeno, o rabo dunha culler ou mesmo unha pinza da roupa xa podes rasgar o teu instrumento.

Podes decorar o teu instrumento con pintura, cintas, pegatinas... Deixovos un vídeo no que hai varios exemplos. Ademáis podes encher a botella con pedriñas, área seca, legumes, etc. e xa tés unha maraca.
Dous instrumentos nun!




Nº 2 Xa estás preparada/o para interpretar co teu instrumento o CONTO MUSICAL sobre o Sapo Yururú.


Nº3 Imos traballar o ritmo a través das palabras

Neste caso as palabras serán:
PAN , CASA, MARIPOSA

Seguindo as indicacións do vídeo, empezaremos colocando a palabra PAN
Despois CASA
E xa para os máis expertos e expertas MARIPOSA.

Nº4 Deixovos unha canción moi chula sobre o Arco da Vella, para cantar e bailar un pouco.



Seguro que xa pintáchedes arcos da vella moi fermosos nas vosas casas, pero en Música tamén temos o noso arco da vella especial. Só falta a maxia das vosas cores!

Unha aperta moi grande!!!



21 de abril de 2020

FACEMOS SERIES

Bos días, hoxe imos aproveitar obxectos que encontredes polas casas para facer series; os mais pequenos farán series sinxelas pero os maiores tendes que facelas xa complicadas, repetindo elementos dúas e ata tres veces, misturando cores, etc.
Os adultos poden poñervos o modelo pero outras veces tamén podedes inventalo vós.
Outra opción e facer a serie e quitar algún elemento para que eles adiviñen cal falta.
Eu fixen algún exemplo con cousas que atopei pola miña casa, a ver o que vos sae a vos.

As mais pequenas poden agrupalos por cores, tamaños...

Os tapóns é importante que os gardedes como facíamos na clase porque vou a proporvos máis actividades con eles e despois podedes doalos a organizacións benéficas para axudar a nenos con enfermidades raras.

Bicosssssss