11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días, esta é a Semana da Letras Galegas, como tódolos anos desde distintas entidades educativas mandan recursos os centros para traballar nas clases;  como xa sabedes este ano o 17 de maio está adicado a Ricardo Carbalho Calero.

A profe Lucía atopou moita información que xa publicou no blogue de Dinamización, aquí vos deixo o enlace para entrar:  Poallando en galego

Alí podedes atopar un vídeo dunhas nenas que vos van a ensinar moitas cousas do escritor homenaxeado este ano, co seu PREGUNTOIRO MUSICAL.

E hai tamén unha sorpresa: un ESCAPE ROOM.

De todos los xeitos aquí tamén vos vou a poñer algunha cousa, só de infantil. Empezaremos pola súa biografía, estade moi atentos porque despois van a facervos moitas preguntas.

Como sempre lembrade que tendes que entrar por internet explorer para que estea activado o Adobe Flash Player, podedes volver a entrar no blogue por aí ou ben copiar o enlace. Imos alá.

Biografía de Carvalho Calero

Agora que xa sabedes moitas cousas deste escritor, deixovos os enlaces de varias actividades para facer en liña divididas por idades, son moi interesantes e van a gustarvos moito, xa veredes.

Actividades en liña para 4 Infantil

Actividades en liña 5 Infantil

Actividades en liña 6 Infantil


Tamén vos deixo estes enlaces por se alguén quere imprimilas, organizadas por idades; son moitas polo que podedes escoller as que vos parezan máis interesantes.

Actividades 4 educación infantil

Actividades 5 educación infantil

Actividades 6 educación infantil

Lembrade  que como tódolos luns tendes que facer un pouco de exercicio coa profe Lucía, aquí vos deixo o enlace do blogue para que fagades as actividades tan chulas que vos ten preparadas.

Bicosssss



Ningún comentario:

Publicar un comentario