14 de maio de 2020

SEGUIMOS CON LETRILANDIA

Bos días a todos e todas, xa me contou a profe Lucía que lle mandastes moitos debuxos das "Pitas baixo a choiva", alégrome moito; lembrade que aínda que estamos na casa non estamos de vacacións e cada día temos que facer algo de traballo. Son cousas divertidas que podemos facer en calquera momento; a este tempo que estamos a pasar coas familias temos que sacarlle o máximo rendemento e gozar moito da boa compaña.

Espero que o esteades a pasar moi ben coas actividades de Ricardo Carvalho Calero e aprendendo moitas cousas sobre a súa vida e obra.

Lembrarvos que o venres é día non lectivo no Ceip Doutor Suárez, polo que estamos as portas dunha fin de semana longa; aproveitade para mandarme fotos e vídeos do voso día a día para despois publicalas no blogue.

 Hoxe imos a repasar as letras M, N e Ñ; como sempre empezamos co vídeo e a canción e despois a practicar, no aire, na terra, con distintos materiais... e por último no papel. Os maiores tendes que practicar a minúscula, ánimo, téndelo dominado.

Un bico enorme.














Ningún comentario:

Publicar un comentario