27 de maio de 2020

MÁIS LETRILANDIA

Que tal van esas actividades de matemáticas? Estou desexando que me mandedes fotos e vídeos para o sábado publicalos.

Hoxe traiovos unhas letras máis, como sempre co conto e a súa canción, despois vos podedes practicar a súa grafía, lembrade fixarvos ben onde empeza e onde acaba o trazo; tendes que ter en conta a direccionalidade das letras. Practicamos todos en maiúscula, os de 5 anos tamén o farán en minúscula.

Con este día tan caluroso seguro que algúns vos iredes a bañar o río, na piscina, coa mangueira... tamén me podedes mandar fotos das actividades que facedes no voso día a día. O importante é que nas montaxes saiades, para que nos sintamos máis cerca.

Bicossss.
   
                                                   Lembrade premer enriba da imaxe.






















Ningún comentario:

Publicar un comentario