6 de maio de 2020

MÚSICA!

Moi bos días!

Como van eses maios? Alégrame moitísimo vervos cantando nos vídeos que mandastes.
Aínda estades a tempo de participar coa vosa canción, vou ampliar a data ata o domingo 10.
Podedes elexir facer só os xestos do "baile", ou só un anaco da canción.

O importante é pasar un bo rato preparando a canción e logo disfrutar de vernos e sentirnos máis perto de todo o cole.

Animádevos! Que xa nos está quedando un vídeoclip moi chulo! :-)

Lémbrovos que todas as tarefas que fagades podedes envialas ao enderezo:

profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com

1º actividade

Xogamos a adiviñar instrumentos?


Que tal? Foi fácil? Pois agora imos a por outro un pouquiño máis difícil...




2º ACTIVIDADE

Esta xa a sabemos! Como era a canción dos dedos?


3º ACTIVIDADE


Imos construir o noso propio instrumento de vento con Abraham Cupeiro, músico de Lugo.

(Facédeo só se tedes xa palliñas na casa, non as merquedes. 
Lembrade que canto menos plástico consumamos mellor para o planeta).


A ver que tal vos quedan, artistas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario