Hoxe é mércores, así que vos traio novas actividades musicais.
Imos facer unha viaxe a través da música. Collede as maletas porque marchamos a ÁFRICA!
Coma sempre, podedes enviar fotos, vídeos e comentarios a
profe.musica.sandra.tamayo@gmail.com
1º COÑECEMOS OS SONS DOS ANIMAIS
Empezamos imitando cada animal coa voz, e podedes tamén facer o xesto do animal (garras, trompa do elefante, o que lle saia a cada un de xeito natural).
2º CANTAMOS A CANCIÓN AFRICANA "KOKO LEOKO"
3º PERCUSIÓN CORPORAL
Dámoslle ritmo á canción africana con percusión corporal.
Podedes acompañar como queirades, facendo so palmas, ou batendo nos xeonllos todo o tempo.
O importante é levar o ritmo da canción.
Para quen se atreva, aí vos deixo esta proposta de ritmo para o corpo!
4º DESPEDIDA DE CONTO
Despedímonos con este conto musicado. Disfrutádeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario