Esta vez a profe Lucía está a argallar algo dende o Departamento de Dinamización, a saber o que é pero seguro que o resultado vai a encartarvos.
Cóntovos, como xa sabedes estamos na semana das Letras Galegas, aprendestes moitas cousas na entrada anterior sobre o homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero, e agora imos a facer un debuxo dun libro del moi coñecido "As pitas baixo a choiva".
É un traballo para todo o cole, polo que a cada grupo lle toca unha páxina. A nos tocounos a páxina 14 que fala unha tormenta, co vento, os lóstregos, as nubes... a ver que debuxos tan chulos vos saen. Primeiro escoitamos con atención mentres no lo leen e despois debuxamos. Coma sempre, podedes decoralo como queirades, veña artistas estou desexando ver as vosas obras.
A min tamén me puxo deberes ehh, pero temos que facelos antes do xoves 14 para que despois ela poida montar todo e lle dea tempo a publicalo para o 17 de maio.
Mans a obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario