Espero que todas e todos esteades ben e intentando levar este confinamento da mellor maneira posible. Ánimo entre todos conseguirémolo.
Pensade no afortunados que somos os que vivimos na aldea, polo menos podemos saír un pouco para que nos dea o sol.
Durante estes días publicarei algunha actividade para, os que queiran as fagan cos nenos e as nenas e así ter alternativas para non estar diante da "caixa tonta", eles xa saben a que me refiro.😉
Despois podedes facerlle unha foto, mandala ao correo do cole, ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es, e con todas farei unha montaxe de como pasamos estes días.
Por outro lado, mandovos este pdf con distintos contos para que os vexades cos nenos e as nenas, moitos deles xa os coñecen e gustaralles velos no ordenador ou no móbil.
Un bico moi forte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario