Vamossssss que xa pasaron dúas semanas, sodes uns auténticos heroes e heroínas.
Xa chegou a fin de semana e para celebralo imos a cociñar, vos sodes uns expertos reposteiros, no cole xa fixemos galletas, filloas..... Agora coa axuda de papá ou mamá podedes facer un biscoito, magdalenas, rosquillas...
Os maiores podedes ir apuntando os ingredientes e os mais pequenos facedes un debuxo de cada un e poñedes os números coas cantidades; lembrade facer as fotos coas mans na masa para despois enviarmas.
Estes días tamén tendes que axudarlle os adultos a facer as cousas da casa: as camas, colgar a roupa (os calcetíns e pezas pequenas seguro que son a vosa especialidade), axudar coa aspiradora, recoller a mesa, etc.
Estou segura de que o estades a facer moi ben.
Un bico enorme da vosa profe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario