23 de marzo de 2020

CHEGOU A PRIMAVERA

Ola familias:

Outro día máis de loita, xa queda menos pero temos que seguir así, entre todos venceremos.

Como xa sabedes, chegou a primavera, é algo que falamos moitas veces na clase e que agardabamos impacientes, pero nunca pensamos que íamos a estar nesta situación.

No cole tódolos días facíamos unha pequena asamblea, pasabamos lista, poñíamos o día da semana, o mes, a estación... na casa podedes seguir facéndoo, esto axudará os nenos e nenas a situarse no tempo.

Co calendario diante poden ir rodeando o día no que estamos, riscar os que xa pasaron, marcar con  cores as datas importantes, como aniversarios por exemplo, etc.

Tamén é convinte que observen os cambios que se están a producir nas árbores, os paxaros que xa están a voltar, a duración dos días..... todas estas cousiñas que eles xa saben e que con un pouco de axuda vos contarán encantados.

Seguro que tamén lles apetece pintar algo, os meus alumnos e alumnas son moi traballadores; a miña suxerencia é facer unha bolboreta co cartón do papel hixiénico. Seguro que vos quedan preciosas, non vos esquezades de facerlle unha foto e mandala o correo do cole: ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es

Aqui tendes algúns exemplos.

Ánimooooooo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario