Olaaaaaaaaaaa:
O profe tiñavos preparada unha sorpresa coa chegada da primavera pero todo esto pillounos desprevenidos; na miña casa tiña unha caixiña que ia levar para a nosa clase, esa caixa estaba chea de uns ovos moi pequenos e redondiños; estes días de tanto calor, os ovos eclosionaron e a caixa encheuse de puntiños negros, que serán?
Aqui tendes as fotos, a ver se alguen os recoñece.
Vouvos a dar unha pista, estes bichiños só comen as follas dunha árbore que se chama moreira, non se lle pode dar ningunha outra cousa porque matariámolos.
A ver quen de vos averigua se por Fornelos hai algunha moreira; así poderedes levalos algún día para as vosas casas. 😀😀😀😀
Q sorte! Os nosos e os de ale ainda non eclosionaron, pero estaremos atentos estos días...por certo, en fornelos estamos mal de moreiras :( xa vos iremos contando
ResponderEliminar