31 de marzo de 2020

PASTA DE SAL

Olaaaa, xa estamos a martes, sodes uns auténticos campións e campionas.

A proposta para hoxe é facer pasta de sal, despois estamparemos as mans e/ou pés, tamén podedes estampar as do resto da familia; así quedaranos un bonito recordo desta situación tan estraña que estamos a vivir.

A pasta de sal para que dure moito tempo é aconsellable cocela no forno entre 10 e 15 minutos a 100 grados.

Para que vos saía de cores podedes botar colorante alimenticio na auga, como azafrán ou un pouco de pintura de distintas cores. Ou tamén se pode pintar unha vez seca con témperas.

Aquí vos deixo un vídeo dos moitos que hai en youtube, só tendes que pinchar enriba, Pasta de sal; tamén tendes a receta e algún exemplo.

Mans a masa.












30 de marzo de 2020

TRABALLOS DE ALEJANDRA, KARLA E CANDELA

Moitísimasssssssss grazas por mandarme os vosos traballos; encántame ver como pasades estes días entretidas sen ver a tele. Cando voltemos o cole verémolos todos xuntos na nosa pizarra dixital.

Un bico grandísimo.






REPOSTERÍA DE FIN DE SEMANA

Como cociñastes esta fin de semana, que rico tiña que estar todo. Que sorte teñen as familias de Karla e Alejandra con estas cociñeiras na casa. 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


UN LÍO DE CORDONES

Bos días con enerxíaaa:

Estamos na terceira semana do confinamento, que non decaia ese ánimo, xa queda menos.

Na miña casa atopei este libro e hoxe imos a traballar un  pouquiño con el, senón o tendes non vos preocupedes deixovos un enlace para que poidades velo en youtube.

E despois toca practicar o atado de cordóns como fixo Laura.

Veñaaaa mans os zapatos.


Lío de cordones







27 de marzo de 2020

MONSTRUO DE CORES

Mirade que conto vos traio hoxe; o noso amigo das cores tamén está moi preocupado polo tema do coronavirus e non quere que vos esteades asustados. Por eso nos manda esta historia para que pasedes un ratiño con el.

Bicos e abrazos de cores.


HOXE COCIÑAMOS

Vamossssss que xa pasaron dúas semanas, sodes uns auténticos heroes e heroínas.

Xa chegou a fin de semana e para celebralo imos a cociñar, vos sodes uns expertos reposteiros, no cole xa fixemos galletas, filloas..... Agora coa axuda de papá ou mamá podedes facer un biscoito, magdalenas, rosquillas...

Os maiores podedes ir apuntando os ingredientes e os mais pequenos facedes un debuxo de cada un e poñedes os números coas cantidades; lembrade facer as fotos coas mans na masa  para despois enviarmas.

Estes días tamén tendes que axudarlle os adultos a facer as cousas da casa: as camas, colgar a roupa (os calcetíns e pezas pequenas seguro que son a vosa especialidade), axudar coa aspiradora, recoller a mesa, etc.

Estou segura de que o estades a facer moi ben.

Un bico enorme da vosa profe.



26 de marzo de 2020

FACEMOS XOANIÑAS

Olaaaaa:

A miña proposta para esta tarde e pintar pedras e convertelas en xoaniñas de cores para despois levalas o cole, que vos parece?

Veña, mans a obra que van a quedar preciosas.

Un bico enorme.


ANIVERSARIO DE NURIA

Bos días, hoxe fai un día espectacular espero que  esteades aproveitando o sol xogando por fora, gozando desta primavera tan rara que nos está tocando vivir.

O 26 de marzo no noso calendario tiñámolo rodeado dunha maneira especial, a ver quen lembra que pasaba hoxe?

Siiiii, é o aniversario de Nuria; tan pronto voltemos o cole faremos unha coroa chulísima e faremos unha festa por todo o alto; espero que o pases moi ben na casa coa túa familia. 

PARABENSSSSSSS      😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍

25 de marzo de 2020

CONTO DA PROFE BEGOÑA

Bos días, a profe Begoña tamén vos bota moito de menos e fixovos un vídeo con moitísimoooo cariño.

Bicosssss.


24 de marzo de 2020

TRABALLOS DE NICO E CINTHIA

Que ilusión me fixo recibir os traballos de Nico e Cinthia, moitísimas grazas familias.
Alégrome moito de que esteades ben e tan entretidos; a ver se pouco a pouco se van animando os demais e así podo saber como ides pasando estes días.

Un bico moi, moi, moi forte.

 

VERMES DA SEDA

Olaaaaaaaaaaa:

O profe tiñavos preparada unha sorpresa coa chegada da primavera pero todo esto pillounos desprevenidos; na miña casa tiña unha caixiña que ia levar para a nosa clase, esa caixa estaba chea de uns ovos moi pequenos e redondiños; estes días de tanto calor, os ovos eclosionaron e a caixa encheuse de puntiños negros, que serán? 

Aqui tendes as fotos, a ver se alguen os recoñece.

Vouvos a dar unha pista, estes bichiños só comen as follas dunha árbore que se chama moreira, non se lle pode dar ningunha outra cousa porque matariámolos.

A ver quen de vos averigua se por Fornelos hai algunha moreira; así poderedes levalos algún día para as vosas casas. 😀😀😀😀




IMOS ESCRIBIR

Espero que todas e todos esteades ben, que saibades que vos boto moito de menos e estou desexando voltar ó cole para rematar todos os traballos que deixamos sen facer.

Hoxe estiven xogando con Pedro a escribir en distintas superficies e con distintos materiais, mañá podedes probar vos a poñer o voso nome, palabras da primavera, facer un debuxo, números...

Podedes escribir con auga sobre o asfalto, na terra con un pao, con xiz, co dedo sobre fariña...

Veña, xa sabedes que o máis importante e non estar todo o día vendo a tele, pero como hai que estar na casa temos que botarlle imaxinación para pasar as horas.


23 de marzo de 2020

CHEGOU A PRIMAVERA

Ola familias:

Outro día máis de loita, xa queda menos pero temos que seguir así, entre todos venceremos.

Como xa sabedes, chegou a primavera, é algo que falamos moitas veces na clase e que agardabamos impacientes, pero nunca pensamos que íamos a estar nesta situación.

No cole tódolos días facíamos unha pequena asamblea, pasabamos lista, poñíamos o día da semana, o mes, a estación... na casa podedes seguir facéndoo, esto axudará os nenos e nenas a situarse no tempo.

Co calendario diante poden ir rodeando o día no que estamos, riscar os que xa pasaron, marcar con  cores as datas importantes, como aniversarios por exemplo, etc.

Tamén é convinte que observen os cambios que se están a producir nas árbores, os paxaros que xa están a voltar, a duración dos días..... todas estas cousiñas que eles xa saben e que con un pouco de axuda vos contarán encantados.

Seguro que tamén lles apetece pintar algo, os meus alumnos e alumnas son moi traballadores; a miña suxerencia é facer unha bolboreta co cartón do papel hixiénico. Seguro que vos quedan preciosas, non vos esquezades de facerlle unha foto e mandala o correo do cole: ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es

Aqui tendes algúns exemplos.

Ánimooooooo.



22 de marzo de 2020

CONTO DO CORONAVIRUS

Estes días os nosos fillos están  asustados e preocupados como nós, aínda que non poñamos a tele ou falemos do tema con eles diante, é imposible que non escoiten comentarios e non noten a nosa ansiedade.

Na clase faleilles un pouquiño do tema e estivemos vendo un pdf,  con moitos debuxos para axudarlles a entender algo do que está pasando.

Hoxe mándovos un conto moi sinxelo para que vexades con eles, e lles axude a concienciarse das medidas de prevención.

Un saúdo.


Rosa contra el virus

20 de marzo de 2020

RECEITA DE PLASTILINA

Ola a todos:

Veña, moito ánimo xa queda menos, pouco a pouco entre todos venceremos este virus.

Hoxe como está un día gris, e non podemos saír moito fora para non mollarnos, podedes aproveitar para  facer esta plastilina con ingredientes que todos tendes na casa.

Despois a moldear números, letras, casiñas, árbores... o que queirades  acordádevos de facer fotos para que  cando voltemos ó cole, poidamos velas todos xuntos e que nos contedes como pasastes estes días na casa.

Un bico moi forteeeee.

                             






18 de marzo de 2020

DÍA DO PAI

Bos días a todos e a todas:

Mañá 19 de marzo celebraremos o día do Pai, como xa saberiades polas nenas e os nenos, no cole tiñamos pensado facerlle un agasallo, pero non vai ser posible.

A miña suxerencia para hoxe é que cada un lle faga un debuxo o seu pai sen que el se entere, os nenos gustalles moito o tema secreto; mañá cando esperten faranlle entrega do mesmo xunto con un bico e un abrazo enormeeeeee. 

Se non van a estar xuntos, poden mandarlle unha foto do mesmo.

Un bico grandísimo.

17 de marzo de 2020

ACTIVIDADE 1


PECHE DO COLE

Ola familias:
Espero que todas e todos esteades ben e intentando levar este confinamento da mellor maneira posible. Ánimo entre todos conseguirémolo.

Pensade no afortunados que somos os que vivimos na aldea, polo menos podemos saír un pouco para que nos dea o sol.

Durante estes días publicarei algunha actividade para,  os que queiran as fagan cos nenos e as nenas  e así ter alternativas para non estar diante da "caixa tonta", eles xa saben a que me refiro.😉

Despois podedes facerlle unha foto, mandala ao correo do cole, ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es, e con todas farei unha montaxe de como pasamos estes días.

Por outro lado,  mandovos este pdf con distintos contos para que os vexades cos nenos e as nenas, moitos deles xa os coñecen e gustaralles velos no ordenador ou no móbil.


Un bico moi forte.




12 de marzo de 2020

VISITA AO PAZO DE LOURIZÁN

Onte tivemos un día marabilloso para a visita o Pazo de Lourizán; Alfredo ensinounos motísimas cousas sobre as árbores e distintas plantas que ali teñen. E ata nos agasallaron con varias para plantar no patio do noso cole.