Onte fixemos o primeiro obradoiro do Samaín, tocou baleirar cabazas que despois decoramos para que quedaran terroríficas; contamos coa axuda de tres familias que son verdadeiras artistas.
Hoxe celebramos a aniversario da pequena da clase, a súa mamá tróuxonos un biscoito moi rico e tamén "gusanitos" e "palomitas"; fixemos unha boa festa e pasámolo moi ben.
Despois de facer as froitas para o mural de outono, chegou o momento de probalas; empezamos pola papaia, esperemos que as seguintes teñan mais éxito, porque esta non gustou nada de nada.
Onte a hora de ler viñeron as axudantes da biblioteca a presentarnos as novidades desta semana, realmente gustáronnos todos os contos que trouxeron porque as nenas fixérono moi ben.
A ver se este venres levamos algún de esos para a casa