10 de xuño de 2020

Música e paxaros


Bos días meus paxariños e paxariñas!!

Isto vaise acabando, xa cheira a verán! 


Meus paxariños e paxariñas! 

Notadelo? Xa vai cheirando a verán!!! E imos preparando a despedida do cole, ainda que sexa neste cole tan raro a través das pantallas. Xa nos queda moi pouquiño!


1º Canción confinada

A música é importantísima para o ser humano. 
A través da música sentimos alegría, tristura, paz, calma... Algunhas cancións fannos saltar, bailar, rir, chorar, imaxinar outros mundos, soñar... 
Con todas as músicas medramos. 

Hoxe gustaríame que cadaquen compartiera unha canción especial, 
unha canción que vos guste moito, que vos axudara a levar mellor este tempo de confinamento. 
Unha canción que escoitaras durante este tempo, 
que che levantara o ánimo ou que che acompañara dalgún xeito. 
Tés algunha en mente?

Podes enviarme un video cantando/bailando esa canción. Libremente, como queiras.

Lembra que podes usar o teléfono do colexio pra enviar vídeos se tés problemas por email:  667352980

Acompaña o vídeo dunha pequena reflexión, escrita ou falada, contándome por que elexiches esa canción.


Eu quero compartirvos a miña, co vídeo orixinal pra que disfrutedes da LETRA. 

É unha canción de Rozalén que foi feita durante este tempo confinado. 
Gustoume moito porque, tanto a música como a letra, son intensas e emotivas, pero sen perder o optimismo. Dame ganas de voar!




2º Paxariños e paxariñas

Seguro que cada día, ao abrir as fiestras das vosas casas, escoitades un bo feixe de paxaros. 

Faino agora, sal fóra e agudiza as orellas: escoitas? Sempre están aí, facendo a súa vida.

Ben, déixovos aquí uns enlaces onde podedes ver e escoitar uns cantos paxaros. 

Escoitade con atención! A ver cantos paxaros recoñecedes.

PAPORRUBIO (petirrojo)
RULA (tórtola)
CORUXA (búho - cárabo)
MERLO (mirlo)
PEGA (urraca)
BUBELA (abubilla)
REISEÑOR (ruiseñor)

Curiosidades:
PAXARO CARPINTEIRO (picamaderos)

A ver quen recoñece máis paxaros na súa zona! 
Podedes escribirme os nomes no blog ou no email. 
E tamén podedes enviar un debuxo ou foto dalgún paxaro que voe onda vós!


3º Cantamos e bailamos


Ímonos despedir bailando un pouquiño!!



 Moi beeen!! 

E estaba pensando eu... Vós sabedes algunha canción que fale de paxaros? Si?
É certooo! A ver se lembrades esta canción galega tan coñecida!


Bicos voandeiros!

Ningún comentario:

Publicar un comentario