6 de xuño de 2020

MANDALA E RECUNCHO

Aínda que hoxe é sábado quero mandarvos esta actividade tan chula que montou a profe Bea de Orientación; como non fai moita calor, un bo plan para a fin de semana e ir a pasear polo monte e visitar esas fervenzas tan bonitas que tendes no voso Concello. Se vos animades podedes recoller elementos da natureza para facer unha composición. Coma sempre lembrade mandarme unha foto.



E para aproveitar totalmente o paseo podedes facer a foto do voso recuncho favorito para a profe Sandra, está colgada no blogue do cole; aquí vos deixo o enlace https://ceipdoutorsuarez.blogspot.com/  e a actividade que hai que facer.



Moito ánimo xa non queda nada.

Boa fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario