8 de xuño de 2020

SOMOS ARTISTAS

Bos días, xa estamos na última semana de actividades deste curso, que peniña me dá. Pero quero que saibades que o fixestes moi ben durante todo este tempo, merecedes un gran aplauso.👏👏👏👏

Como xa sabedes o luns 15 de xuño de 10 a 13h, podedes pasar polo cole para recoller a carpeta cos traballos que deixaron feitos os nenos e nenas durante o  segundo trimestre.

Se tendes na casa algún libro e/ou dvd da Biblioteca tamén tendes que traelo.

Para esta semana preparei estas actividades de arte sobre o pintor Paul Klee, é parte do proxecto que tiña pensado levar a cabo no último trimestre. Espero que gocedes cos vosos fillos  e fillas facéndoas.

Lembrade que tendes que picar nos pinceis que hai nas distintas páxinas para que se abran máis actividades.

Un bico grandísimooooooooooo.😘😘😘😘😘😘😘😘😘



Ningún comentario:

Publicar un comentario